PorFÍO Musical


 Co "Starman" de David Bowie comenzamos coa presentación do proxecto que a partir da biblioteca escolar imos desenvolver neste terceiro trimestre. O título que leva este traballo é o de PorFÍO musical. Porfiaremos neste último trimestre no fomento da lectura, na investigación e no tratamento da información, na visualización das diferentes artes (visualizando películas, escoitando e comprendendo cancións...), e no traballo colaborativo de todo o alumnado e o profesorado implicado no proxecto. Na entrada do cole podedes visualizar carteis onde podedes escoller entre libro ou película, con cal vos quedades? Recoñecedes bandas sonoras famosas? Antón Cortizas traballará cos alumnos e alumnas de educación primaria o ritmo na poesía. Tamén a cociña terá un oco entre as actividades, xa que cociñaremos con Escarlatina, personaxe literario de gran éxito entre os lectores máis novos.
 Iremos dando conta neste blog de todas as actividades que se vaian realizando.


Imaxe de @petergreenwooduk

Comentarios

Entradas populares