martes, 20 de junio de 2017

Cociñando con Escarlatina


Despois de ver o éxito que tivo Escarlatina como lectura nestes últimos cursos decidimos adicarlle unha actividade á súa altura na biblioteca.
Así transformamos BibliOurizo nun restaurante francés para recrear o Hotel Fantastique do libro de Ledicia Costas Esmeraldina a pequena defunta.
Lecturas, música e postres riquísimos foron a combinación perfecta para unha mañá na biblioteca.










miércoles, 7 de junio de 2017

A canción da súa vida

Unha das actividades que traballamos dentro do porFÍO musical desde trimestre consistiu en crear códigos QR a partir das cancións escollidas polos profesores e profesoras de secundaria. Realizaron varias tareas que consistiron na busca da canción e do su videoclip, da letra e da historia da canción e do seu intérprete. Por último vincularon o vídeo con código QR para que os diferentes grupos podan xogar a relacionalas. Unha vez escoitadas e visionadas o alumnado participante poderá cubrir unha "quiniela" para intentar acertar con que profesor ou profesora relaciona a canción. Durante última semana de curso daráse a coñecer o gañador ou gañadora.


sábado, 3 de junio de 2017

Letras Galegas

Este ano desenvolvemos desde a biblioteca escolar numerosas actividades relacionadas con Carlos Casares e a súa obra. Fixemos unha pequena exposición con obras de Casares e a partir de aí os rapaces de primaria interpretaron as lecturas realizando traballos artísticos.


martes, 23 de mayo de 2017

En pleno porFÍO

Durante os vindeiros días iremos presentando neste blog as actividades que vimos desenvolvendo no noso proxecto de biblioteca escolar do terceiro trimestre. Ao longo destas últimas semanas os nenos e nenas de infantil e primaria escolleron entre o libro ou a película. O libro da selva, Peter Pan, O Mago de Oz e As crónicas de Narnia son algúns dos libros e películas coas que traballaron, sorprenderíanos saber qué formato resultou o escollido. Os de 4º de ESO andan a voltas coas letras de diferentes cancións escollidas polos seus profesores, e en 1º de ESO agardan pasar unha xornada de degustación de doces e lecturas con Escarlatina. En breve subiremos fotos do desenvolvemento destas  e doutras actividades que se están a desenvolver en BibliOurizo. Agora toca gozar cos libros e a música....

PorFÍO musical en BibliOurizo

miércoles, 26 de abril de 2017

PorFÍO Musical


 Co "Starman" de David Bowie comenzamos coa presentación do proxecto que a partir da biblioteca escolar imos desenvolver neste terceiro trimestre. O título que leva este traballo é o de PorFÍO musical. Porfiaremos neste último trimestre no fomento da lectura, na investigación e no tratamento da información, na visualización das diferentes artes (visualizando películas, escoitando e comprendendo cancións...), e no traballo colaborativo de todo o alumnado e o profesorado implicado no proxecto. Na entrada do cole podedes visualizar carteis onde podedes escoller entre libro ou película, con cal vos quedades? Recoñecedes bandas sonoras famosas? Antón Cortizas traballará cos alumnos e alumnas de educación primaria o ritmo na poesía. Tamén a cociña terá un oco entre as actividades, xa que cociñaremos con Escarlatina, personaxe literario de gran éxito entre os lectores máis novos.
 Iremos dando conta neste blog de todas as actividades que se vaian realizando.


Imaxe de @petergreenwooduk

Día do Libro

Este ano organizamos varias actividades para celebrar esta data tan significativa para BibliOurizo. Propuxemos como obxectivo común dar a coñecer diferentes obras da literatura infantil e xuvenil. Cada aula traballou obras como O Principiño, O xorobado de Notre Dame, Alicia no País das Marabillas, Memorias dun neno labrego... así cada grupo decorou a porta da súa aula cunha ilustración relacionada con estas obras. Proximamente subiremos o resultado. 
Aquí deixamos tamén uns marcapáxinas elaborados polo grupo de 1º ESO tras a lectura de Alicia no País das Marabillas.
Nos próximos días agárdanos unha importante e artística sorpresa en BibliOurizo relacionada tamén con esta celebración.



domingo, 2 de abril de 2017

Presentación de "Lasaña, la araña" en BibliOurizo

Durante esta semana e con motivo da celebración do Día Internacional do libro infantil e xuvenil, a escritora e contacontos Raquel Sánchez Ortiz presentará o venres 7 de abril na nosa biblioteca a súa obra "Lasaña, la araña", un conto que achega o tema do acoso escolar aos máis pequenos. Á presentación, en castelán e en inglés, asistirán os nenos e nenas de educación infantil e os de 1º, 2º e 2º de educación primaria.